miércoles, 21 de octubre de 2009

Comprensión do texto "Aprender a vivir"

O primeiro que tedes que facer e comprender o texto de Luc Ferry. Para elo deberedes respostar a pregunta que se plantexa para cada capítulo (en negrita). As seguintes preguntas axudaranvos a seguir o fio do discurso. Contestade primeiro a cada unha delas e despois facede unha sinteses de todas estas respostas parciais creando unha composición que responda á pregunta inicial.


CAPÍTULO I


En que consiste a Filosofía para Luc Ferry?


  • En que se diferencia doutras actividades humanas como a ciencia ou a política? E da relixión?

  • Explica esta opinión de L.F.: "As relixións defínense a si mesmas como doutrinas de salvación a través doutro? mentres que a Filosofía promete a salvación por un mesmo?".

  • Que papel xoga o diaño?

  • En que consistiu o pecado orixinal?

  • Cales son os dous argumentos polas que L.F. non acepta unha doutrina da salvación que recorra a Deus?

  • L.F. refírese a tres dimensións da Filosofía: teoría, ética e sabedoría. Poderías explicar en que consiste cada unha delas?

  • Que papel xoga o tempo (a temporalidade do ser humano) na reflexión filosófica?

  • Que papel xogan as ciencias naturais na reflexión filosófica?

  • En que lugar inscríbese a epistemoloxía?

  • Que reflexión suscita a existencia dos demais seres humanos?

  • Para que preocuparse por responder a todos estes interrogantes?

No hay comentarios: